A Deputación da Coruña celebra a III edición do Rede Coworking Fest cunha semana de actividades para impulsar o emprendemento e a innovación

Intelixencia artificial, dixitalización, comunicación, emprendemento rural, sostibilidade ou estratexia empresarial centran unha programación gratuíta dirixida a persoas emprendedoras, autónomas e pemes.

A Deputación da Coruña celebra do 14 ao 20 de setembro a terceira edición doRede Coworking Fest, unha iniciativa enmarcada no Plan de Emprego Local (PEL) que durante unha semana levará preto de 30 actividades aos 12 centros que integran a Rede Provincial de Coworking.

Obradoiros, accións formativas, xornadas de portas abertas, encontros de networking, sesións técnicas e visitas a empresas e proxectos do territorio conforman unha programación gratuíta orientada a achegar novas ferramentas ás persoas emprendedoras, autónomas e pequenas e medianas empresas da provincia.

A deputada de Emprego, Industria, Medio Ambiente e Política Demográfica, Rosa Ana García, destacou que “o Rede Coworking Fest permite concentrar nunha semana boa parte do potencial dunha rede que traballa durante todo o ano acompañando ás persoas que queren poñer en marcha ou facer medrar un proxecto empresarial na provincia”.

“Queremos que emprender desde un concello pequeno non supoña ter menos oportunidades. Por iso achegamos formación, asesoramento, dixitalización e espazos de traballo e colaboración a diferentes puntos do territorio, especialmente ao rural”, sinalou.

A programación desta terceira edición aborda cuestións directamente vinculadas coa competitividade empresarial, como a intelixencia artificial, a transformación dixital, a estratexia comercial, a comunicación, a xestión do tempo, o emprendemento rural, a sostibilidade ou o acceso ao financiamento.

As actividades servirán tamén para dar a coñecer os recursos e servizos dos 12 espazos que conforman actualmente a Rede Provincial de Coworking e fomentar a colaboración entre empresas, profesionais e novos proxectos.

Programación

Luns, 14 de setembro

Green Coworking, As Pontes

·         9.30–13.30 h. Xornada de portas abertas.

Centro de Emprendemento A Estación, Vedra

·         10.00–13.00 h. Obradoiro Deseña o modelo de negocio do teu proxecto en 3 horas.

LAB Barbanza, Boiro

·         11.00–14.30 h. Actividades de emprendemento para alumnado de Primaria do CEIP Praia Xardín.

Coworking A Pobra

·         17.00–18.30 h. Sesión en liña Introdución práctica á fotografía profesional.

A Fusquenlla, Moeche

·         18.00–19.30 h. Visita á explotación Bieteiras, con Cynthia Arias.

Martes, 15 de setembro

Green Coworking, As Pontes

·         9.30–13.30 h. Xornada de portas abertas.

Transformando en Brión

·         Visita escolar Descubre o valor da transformación alimentaria en Brión.

Coworking A Proa, Ames

·         9.00–10.00 h. Presentación en liña SCAYLE: impulsa a transformación dixital da túa empresa.

·         10.00–11.00 h. Evolución de OneHealth DataSpace: introdución á Factoría de IA 1HealthAI.

Coworking Dixital Compostela, Santiago

·         10.00–12.00 h. Obradoiro Aprende a empregar a IA para xerar contido nas túas redes sociais e web.

Centro de Emprendemento A Estación, Vedra

·         10.00–13.00 h. Curso Coñece o teu mercado: competencia, público e como diferenciarte.

LAB Barbanza, Boiro

·         11.30–13.30 h. Actividades de emprendemento para alumnado de Secundaria do IES Espiñeira.

A Fusquenlla, Moeche

·         17.00–18.30 h. Visita á explotación Aires de Susi.

·         18.30–20.00 h. Visita á explotación Manda Carballo.

Coworking A Capela

·         17.00–19.00 h. IA no teu negocio: automatiza tarefas repetitivas e recupera tempo cada semana.

Mércores, 16 de setembro

Green Coworking, As Pontes

·         9.30–13.30 h. Xornada de portas abertas.

·         10.00–11.00 h. Queres emprender? Estes son os pasos clave.

Transformando en Brión

·         Visita escolar Descubre o valor da transformación alimentaria.

Centro de Emprendemento A Estación, Vedra

·         10.00–13.00 h. Sesión Crecemento e financiamento: de onde sacar recursos para medrar.

LAB Barbanza, Boiro

·         10.00–12.00 h. Obradoiro en liña Podcasting profesional para emprendedores.

Coworking Dixital Compostela, Santiago

·         16.30–18.00 h. Xornada en liña Preguntas que fan vender.

Coworking A Pobra

·         17.00–19.00 h. Sesión de xestión emocional para coworkers.

A Fusquenlla, Moeche

·         18.00–19.30 h. Visita á explotación de Ay! Carmen.

Xoves, 17 de setembro

Green Coworking, As Pontes

·         9.30–13.30 h. Xornada de portas abertas.

·         12.00–13.30 h. Construíndo o futuro empresarial das Pontes.

Transformando en Brión

·         Visita escolar Descubre o valor da transformación alimentaria.

Coworking A Pobra

·         10.00–20.00 h. Sesións individuais de fotografía profesional e corporativa.

Centro de Emprendemento A Estación, Vedra

·         10.00–13.00 h. Formación Vende mellor e xestiona o teu tempo como emprendedor/a.

Coworking A Capela

·         10.00–14.00 h. Almorzo no Coworking e xornada de portas abertas.

·         11.00–12.30 h. Cooperativa, autónomo/a ou SL? Elixe a forma xurídica que encaixa co teu proxecto.

Coworking Dixital Compostela, Santiago

·         10.00–12.00 h. Obradoiro Uso da IA para contidos e redes sociais.

Pazo de Arenaza, Oleiros

·         11.00–12.30 h. Feito na Coruña, visto en todo o mundo.

A Fusquenlla, Moeche

·         11.00–13.00 e 16.00–18.00 h. Xornada de portas abertas.

Casa do Pescador – Coworking Miño

·         17.00–18.30 h. SEO local: fai que atopen o teu negocio e o elixan.

Venres, 18 de setembro

Green Coworking, As Pontes

·         9.30–13.30 h. Xornada de portas abertas.

LAB Barbanza, Boiro

·         9.15–11.45 h. Visita dun grupo do IES Espiñeira.

·         9.30–15.15 h. Xornada Aproveitamento de terras: alternativas sostibles no rural.

·         12.30–14.15 h. Visita do alumnado do CEIP Praia Xardín participante no programa O Pasaporte da economía circular.

A Fusquenlla, Moeche

·         18.00–19.30 h. Visita á explotación agroalimentaria de Manolo Varela, en San Sadurniño.

Domingo, 20 de setembro

Transformando en Brión

·         11.00–20.00 h. Feira Labrega de Brión: Conecta coa horta local e os seus produtos transformados.

Ademais, o Green Coworking das Pontes ofrecerá durante esta iniciativa a posibilidade de utilizar gratuitamente durante un mes as súas instalacións para coñecer de primeira man o funcionamento e os servizos do espazo.

Actividades gratuítas con inscrición previa

Todas as actividades do Rede Coworking Fest son gratuítas, aínda que será necesaria inscrición previa naquelas que conten con limitación de prazas.

A programación completa, información detallada sobre cada actividade e os formularios de inscrición están dispoñibles na web da Rede Provincial de Coworking.

Unha rede para apoiar o emprendemento en toda a provincia

Creada en 2019 ao abeiro do Plan de Emprego Local, a Rede Provincial de Coworking consolidouse como unha infraestrutura de apoio ao emprendemento distribuída por distintos puntos da provincia e cunha presenza especialmente relevante no rural.

Os seus 12 centros ofrecen espazos de traballo, formación, asesoramento e acompañamento a persoas emprendedoras, autónomas e empresas, con especializacións adaptadas ás características económicas de cada territorio.

Ámbitos como o sector agroalimentario, o turismo, a transformación de produtos, a innovación, a dixitalización ou a arquitectura e urbanismo forman parte dunha rede que busca facilitar a posta en marcha de novos proxectos emprendedores, favorecer a cooperación empresarial e contribuír á creación de emprego e actividade económica nos concellos da provincia.

Comparte éste artículo
No hay comentarios