O Ineltrón Santo Domingo cae no derby fronte ao Culleredo

81-86: O mal arranque e o acerto exterior do rival sentencia ao Santo

Nun partido con varias alternancias, os primeiros minutos de xogo e o 40% de acerto nas triplas do Traumacor Culleredo supuxeron unha desvantaxe difícil de superar para o Santo Domingo Betanzos na tarde deste domingo. E é que o arranque xa non foi bo: 8-20 ao remate do 1Q cun 4-16 a falta de tres minutos… Así é difícil entrar nun partido tan esixente como un derby en que os de Culleredo, malia non contar cos pivotes estranxeiros, soubo marcar o ritmo de xogo. Sobrepuxéronse os betanceiros no 2Q, que rematou cun 33-35 para os visitantes, pero o medo xa estaba nas bancadas. Se o rival baixaba o pé do acelerador e os locais lograban situar no luminoso unha vantaxe, abondaban 30 segundos para que o equipo foráneo lle dese a volta ás cousas. Dominouse o rebote (46 rebotes fronte aos 30 do rival) pero o tiro exterior acabou pod ditar sentenza: 40% para Culleredo (cun Corbacho que logrou un 6 de 9) e un cativo 22,7% para os da casa, que só lograron 5 en conxunto durante todo o partido.

Na parte positiva, o excepcional partido de Randolph Acevedo (29 puntos e 15 rebotes para un 42 de valoración, o que o sitúan como o mellor xogador da xornada no grupo AB) e os bos minutos de Javi González (16 puntos) e de Álvaro Bellón (12 puntos), nun encontro en que os rivais lograron neutralizar a Abelleira.

Así valoraba o partido José Amando Pena “Soviético”, o adestrador betanceiro: “Mal partido por nuestra parte tanto en ataque como en defensa. Aínda que nalgunha das fases do partido fomos capaces de dominar o ritmo, non fomos quen de atcar con fluidez no xogo estático. Tivemos moi pouco acerto no exterior a diferencia de Culleredo, que meteu tres triplas consecutivas nos momentos clave do partido. Tivemos moi pouca agresividade defensiva”.

Próxima semana, un óso duro de roer: Marín Peixegalego.

Comparte éste artículo
No hay comentarios