Un grupo de 50 escolares de 3º de Primaria visitou o Salón de Plenos para coñecer o funcionamento da administración municipal.
O Concello de Lugo recibiu hoxe a visita de 50 alumnos e alumnas de 3º de Primaria do CPR Plurilingüe Divina Pastora – Salesianos, dentro do programa educativo «Coñece o teu Concello».
Durante o encontro, celebrado no Salón de Plenos, o alumnado coñeceu como se organiza a administración municipal e cales son as funcións do Concello. Na visita participaron a alcaldesa, Elena Candia, e o concelleiro de Cultura e Educación, Javier Vázquez Prado, que explicou aos escolares o funcionamento da institución.
Os nenos e nenas tamén tiveron ocasión de trasladar as súas propostas para a cidade. Entre as súas peticións destacaron a mellora e ampliación dos parques infantís e das instalacións deportivas dos seus barrios.
Durante a conversa, os escolares recibiron a invitación de facer chegar por carta novas propostas e suxestións sobre a cidade.