Tras varias xornadas de traballo, nos diferentes concellos adoptaranse medidas conxuntas para dar resposta ás novas necesidades do servizo.
Manteranse as actuais tasas de recollida de cada concello e farase un enfoque conxunto da nova tasa de eliminación de residuos, que sera similar en todos eles.
Os alcaldes e alcaldesa buscan as solucións económicas máis ventaxosas para os veciños, garantindo a viabilidade do servizo e a efectiva prestación do mesmo, tratando de trasladar a mínima repercusión ao recibo final dos usuarios.
As diferentes corporacións abordarán nos seus respectivos plenos as modificacións nas ordenanzas municipais de cara o ano 2025.
Noutro ámbito, nestas xuntanzas abordouse tamén a posibilidade de acometer melloras e servizos de forma conxunta en ámbitos como a reciclaxe e a selección de residuos.