O BNG de Castroverde denuncia que non se cubren as vacacións de Nadal de pediatría

Iria Castro, voceira municipal do BNG en Castroverde “coincidindo coas vacacións de Nadal e co inicio do pico da gripe do inverno, non se cubren as vacacións de pediatría nos 3 concellos que compartimos pediatría: Castroverde, Baleira e Fonsagrada”.

O ano pasado nestas datas o SERGAS non cubriu as vacacións dos profesionais de medicina familiar, deixando Castroverde sen médico ata despois das datas de Nadal ou cubríndoo moi puntualmente sen avisar.

A Portavoz do BNG manifesta que “non cubrir as vacacións da pediatra é algo recurrente, non algo que pase de forma illada e cando isto pasa, as familias vense obrigadas a ir a urxencias e incluso recurrir ás urxencias do HULA, o que pode aumentar a saturación das mesmas, dado as datas nas que estaos”.

As familias de Castroverde non son familias de segunda, dende o BNG cremos que teñen dereito ó mesmo servizo durante todo o ano, independentemente de se a titular da praza colle vacacións ou non. Isto é unha mostra máis do desmantelamento da sanidade no medio rural, onde aquí non cubren as vacacións da pediatra e noutros concellos directamente eliminan este servizo e deixan só unha enfermeira pediátrica.

Dende o BNG de Castroverde demandaremos que se cubran sempre as vacacións da titular, é o dereito de todas as familias.

Comparte éste artículo
No hay comentarios