O Mercado Municipal de Lugo acolle a actividade “Bailando coa Terra: Sementando Pasos, Colleitando Tango” dentro do programa Hortos Saudables

A actividade desenvolverase nas instalacións do Mercado todos os venres dende o 7 de febreiro ata o 27 de xuño en horario de 20.00 a 21.30 horas.

O Mercado Municipal de Lugo acolleu a presentación da actividade “Bailando coa Terra: Sementando Pasos,
Colleitando Tango”, unha proposta enmarcada no programa Hortos Saudables. No acto estivo presente Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza do Concello de Lugo, quen
destacou “a importancia desta iniciativa para fomentar hábitos saudables e promover a convivencia a través da danza e a agricultura ecolóxica”.

A concelleira afirmou que «continuamos a promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que toda a veciñanza poida coñecer os productos de primeira calidade que se comercian nestas instalacións, ademais de ofrecer a posibilidade de empregar cada un dos seus espazos para actividades que axuden a dinamizalas».

A actividade, que se desenvolverá todos os venres dende o 7 de febreiro ata o 27 de xuño, combina formación en agricultura ecolóxica cun espazo para o baile, recordando a historia de Leocadia e Xavier, dous
emigrantes retornados de Arxentina que sempre celebraban o seu gusto polo tango na horta.

A formación será gratuíta e contará cun servizo de conciliación familiar, garantindo que as familias poidan participar sen dificultades. A iniciativa, organizada no marco dos Hortos Saudables, conta coa colaboración da Deputación de Lugo e busca fortalecer o vínculo coa terra a través dunha experiencia cultural e educativa de carácter único.

Para máis información e inscricións, as persoas interesadas poden contactar a través do correo hortosdorato@gmail.com ou dos teléfonos 607 720 032 e 609 812 887.

Comparte éste artículo
No hay comentarios