A secretaria de Organización do PSdeG e deputada autonómica, Lara Méndez, cualificou de “exemplo para os pequenos concellos” as medidas que está a despregar o alcalde socialista de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico, co fin de fixar poboación. Méndez visitou o municipio lucense con motivo dunha xornada de transferencia de boas prácticas á que asistiron rexedoras e rexedores de Asturias para coñecer as iniciativas que se están a desenvolver alí e “buscar sinerxías”.
Xunto a eles coñeceu a piscifactoría que se puxo de novo en funcionamento no lugar de Santalla a través da Fundación Municipal Terreo, coa colaboración económica da Deputación luguesa, e na que na actualidade se crían troitas. Durante o percorrido achegouse ao polígono agroecolóxico de Montefurado, que se centra no cultivo de kiwis, e á explotación de porco celta xestionada a través do Grupo Operativo Forescelta. Tamén tivo oportunidade de comprobar os pasos que o Concello está dando para recuperar a actividade da antiga gasolineira, e compartiu uns intres con membros da ONG Rescate e as persoas refuxiadas que participaron durante os pasados meses no seu programa de atención humanitaria.
Son proxectos impulsados polo Concello “para facer prosperar o territorio e brindar oportunidades económicas á xente, aínda que moitas veces se poñan en marcha asumindo competencias impropias e “con moitas dificultades máis aló das económicas”, dixo en referencia aos atrancos “administrativos e burocráticos” que en non poucas ocasións teñen que superar as administracións locais. “A Xunta, que tería que estar potenciando iniciativas ou dando facilidades, non o fai”, censurou. De feito, apuntou que a lexislación “contempla instrumentos que poderían facilitar o asentamento de proxectos no rural, pero non se desenvolven”.
“Desde aquí, quero instar ao Goberno galego a que asuma as súas competencias, promova iniciativas deste tipo en pequenos concellos e que, cando un alcalde dá un paso adiante para pór a andar ideas que xeran emprego e riqueza, cando menos facilite ese labor”, reclamou.
Fernández Rico coincidiu nas “dificultades” que atopan os concellos máis pequenos para a súa dinamización, mais insistiu na necesidade de que a Administración pública “interveña nas actividades económicas nos lugares menos habitados”, co obxectivo de crear postos de traballo, prestar servizos básicos e así contribuír a fixar poboación.
O alcalde salientou que no caso de Ribeira de Piquín “non se trata dunha aposta teórica, senón práctica”, dado que a Administración municipal xa ten despregados os anteditos proxectos “sen quitarnos as ganas de seguir facéndonos cargo de instalacións que estaban abandonadas ou en desuso”.
Xunto a Lara Méndez e Roberto Fernández Rico, visitaron os diferentes proxectos os alcaldes e alcaldesas de Castropol, Vegadeo, San Tirso de Abres, Santa Eulalia de Oscos, Villanueva de Oscos, San Martín de Oscos, Illano, Pesoz e Grandas de Salime, a maior parte deles integrados na reserva da biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón, da que tamén forma parte o municipio galego. A viaxe programouse como “unha experiencia de intercambio de coñecemento” entre concellos con características similares, “que sofren o despoboamento e buscan medios para poñer en valor o rural e fomentar a recuperación do emprego”, explicou Fernández Rico.
Un aplauso merece este alcalde y su corporación. Fomenta la práctica efectiva del derecho ciudadano a un compromiso que, desde el tercer sector, participa en la gestión cívica de programas de interés público por su contribución al desarrollo de las capacidades personales y actitudinales que permiten «el apego al territorio» desde la sociedad civil. Es así como se pone en valor variables de muy diversa naturaleza para la consecución del objetivo social, político y económico como la inversión en recursos humanos capaces de llevar a cabo los programas, la intervención en contextos singulares e instalaciones específicas, la participación en el proyecto como un bien de mérito…
La toma de decisiones y la promoción de estas iniciativas en las que los ayuntamientos sean quien de incentivar y mismo liderar estos procesos, están en el origen del ejercicio de su autonomía institucional, de la efectiva descentralización de los poderes públicos y de una más tangible concreción práctica de valores en las democracias locales. Es una pena, porque no creen en esta forma de gestión municipal, que estas iniciativas no tengan un mayor respaldo de otras instituciones públicas gallegas.