O PP insiste na necesidade de iniciar con urxencia os traballos de recuperación do Paseo do Rato, logo de seis semanas nas que PSOE e BNG nada fixeron

Antonio Ameijide recorda que tras o anuncio realizado por José Tomé “xa dubidamos” de que se levara a cabo xa que “nos 18 anos de gobernos de PSOE e BNG na Deputación nunca fixeron nada por manter en condicións o Paseo do Rato”.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, denuncia que “José Tomé e Miguel Fernández xa se esqueceron da súa promesa de arranxar de inmediato” os danos provocados no Río Rato pola borrasca Olivier o pasado 11 de abril.

Antonio Ameijide recorda como o 15 de abril, tanto o presidente da Deputación como o alcalde de Lugo, ofreceron unha rolda de prensa no propio Paseo do Rato na que informaron que “porían todos os medios necesarios para recuperar este espazo verde” pero “a realidade é que nada fixeron en mes e medio”.

“Vanse cumprir 6 semanas dende que se deu esta situación e o goberno provincial non anunciou publicamente aínda ningunha actuación na zona para corrixir os danos, repoñendo os elementos precisos para garantir a seguridade dos usuarios e coidando o entorno co máximo respecto ao medio ambiente”, denunciou.

Antonio Ameijide recorda que tras o anuncio realizado por José Tomé “xa dubidamos” de que se levara a cabo xa que “nos 18 anos de gobernos de PSOE e BNG na Deputación nunca miraron para o Paseo do Rato”. 

“Que tivera que vir unha tromba de auga para que José Tomé anunciase un plan de actuación para a mellora do río Rato e do seu entorno foi unha vergoña, pero unha vergoña maior é anunciar un plan urxente e non facer nada en seis semanas”, sentenciou.

Por este motivo, dende o Grupo Provincial Popular preguntarán no pleno do martes cando ten previsto o goberno provincial iniciar as actuacións de reparación e mellora do Paseo do Rato.

A realidade é que os lucenses seguen sen poder disfrutar desta zona de ocio (construída cun goberno do Partido Popular á fronte da Deputación) a pesar de que “por todos os lucenses eran de sobra coñecidos os problemas cos colectores, os pozos de tormenta ou cos propios cauces e os camiños das zonas verdes que dende o PP levamos moitos anos denunciando”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios