O Hospital da Mariña ateigado de xente reclamando máis sanidade pública de calidade e de proximidade na Mariña.
Manifestar:
O agradecemento especial a todos/as os/as profesionais que incondicionalmente, saíron dando a cara para loitar na defensa dos/as pacientes da Mariña.
O agradecemento especial a pacientes, que tamén acudiron desde as súas casas a dar a cara e a defender un piar básico do estado de benestar: sanidade pública de calidade e de proximidade.
No mundo actual, onde a información flúe a unha velocidade vertixinosa, a vella máxima de que «unha imaxe vale máis que mil palabras» adquire máis relevancia ca nunca. E a verdade é que, moitas veces, como hoxe, as fotografías teñen a capacidade de comunicar, conmover e persuadir de xeitos que as palabras soas non poden lograr.
































