O PP reclama que o Concello de Lugo aposte polas persoas e actúe no SAF

O Concello de Lugo debe ser exemplar. Cun orzamento de máis de 121 millóns de euros, ten a obriga de facer unha aposta decidida polas persoas, especialmente cando se trata dun servizo que é de competencia municipal.

Dentro das súas responsabilidades se poderían impulsar varias medidas  para garantir a protección de usuarios e traballadores. A voceira popular  detallaba as medidas que se solicitan amparadas no marco legal existente reclamando:

•        Aprobación de protocolos de prevención e protección para garantir a seguridade tanto das traballadoras como das persoas usuarias.

•        Avanzar cara a un convenio propio, que mellore as condicións laborais das súas profesionais. “Nesta proposta damos este paso logo de que fixéramos o mesmo coas traballadoras da limpeza dos edificios municipais para as cales acadamos un acordo no pleno de marzo de 2024 para que tiveran un convenio propio (pasou un ano e medio e o goberno  local ainda están cos informes para facelo efectivo).

Situación precaria traballadoras SAF

A popular explicou que o Partido Popular dá este paso, por varios motivos:  porque vai rematar o contrato para o vindeiro ano e hai que decidir se se mantén privatizado ou non o servizo;  pola triste coincidencia do sucedido no Porriño, pero sobre todo porque as traballadoras do SAF en Lugo veñen denunciando reiteradamente situacións de desprotección.

Entre outras cuestións, desvelou que existe unha instrución interna pola que, se ao chegar ao domicilio e o usuario non está, deben agardar 15 minutos. Ese tempo no que permanecen disponibles, pero que por causas alleas non prestaron o servizo, non se lles retribúe e, ademais, queda rexistrado como débeda coa empresa. Só se lles aboan os desprazamentos.

“Chegaron tamén ao Grupo Popular testemuños con nomes e apelidos de traballadoras despedidas logo de atravesar baixas médicas, unha práctica que revela a precariedade coa que se xestiona un servizo esencial”.

Para Elena Candia “Lugo debe ser o faro da provincia na defensa das persoas que coidan das nosas familias. É inaceptable que PSOE e BNG, que se presentan como defensores dos dereitos laborais, manteñan esta situación no SAF. Dime do que presumes e direiche do que careces”, subliñou.

Marco legal ampara as peticións do PP

O marco legal no que basean as peticións para impulsar medidas para mellorar a prestación do SAF está recollido na  Lei de Servizos Sociais de Galicia de 2008, aprobada polo bipartito, establece no seu artigo 11, apartado f, como competencia municipal directa “a xestión do servizo de axuda no fogar, así como a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, nos termos establecidos na normativa que resulte de aplicación”.

Tamén no artigo 40 do Real Decreto do 16 de Marzo de 2012 que desarrolla a legislación do ano 2008 se indica que se cofinanciará entre todas as administracións este servizo e, por tanto, é unha obriga da administración local. 

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios