O PP de Camariñas leva a pleno o «abandono» da Casa Xardín de Man de Camelle e esixe medidas urxentes

A portavoz do Partido Popular de Camariñas, Paula Mouzo Mas, formulará no vindeiro pleno ordinario dous rogos relacionados co estado de abandono do legado de Man de Camelle co seguinte texto e que xa foron presentados por rexistro municipal para que o goberno local teña constancia dos mesmos.

«Aínda que no pleno ordinario do mes de maio de 2024 desde o goberno local manifestaron que non tiñan prevista ningunha medida na Casa Xardín de Man de Camelle, un ano despois volvemos a dirixirnos a vostede (a alcaldesa):

– Solicitamos que se adopten as medidas necesarias para evitar a desaparición do legado artístico de Man de Camelle e do atractivo cultural e turístico que supón o seu espazo natural de creación (A casa e a súa contorna).

– Propoñemos que se cree unha comisión municipal para estudiar as medidas a levar a cabo e pedimos que alcaldía convoque unha xunta de portavoces ou comisión informativa, para deseñar unha folla de ruta.

Comparte éste artículo
No hay comentarios