A Deputación da Coruña concede case 650 000 euros en axudas a 50 entidades e fundacións culturais

A deputada de Cultura, Natividade González, afirma que con estas subvencións, o obxectivo provincial é «facilitar a programación de actividades culturais».

A Deputación da Coruña vén de facer pública a resolución provisional da convocatoria de subvencións do programa FO215, destinado a fundacións, entidades titulares de museos, bibliotecas e organizacións de representación sectorial da cultura galega. Cun investimento total de 646 541,88 euros, a institución provincial garante o apoio a 50 entidades que desenvolven a súa actividade profesional ou amadora no ámbito cultural.

Nesta resolución, o importe máximo concedido ascende a 25 500 euros —recibido por entidades como a Fundación Rosalía de Castro ou a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega—, mentres que a contía mínima se sitúa nos 5 000 euros.

A deputada de Cultura, Natividade González afirma que «este programa contribúe a reforzar o papel das fundacións,  museos, centros de interpretación,  bibliotecas e entidades culturais como espazos clave para a conservación, difusión e dinamización da cultura galega», e engade que «a través desta liña de axudas, a área de Cultura  da  Deputación continúa apoiando o traballo do tecido cultural, tanto profesional como amador, que desenvolve unha importante labor cultural e social no territorio».

Por último, González subliña que o obxectivo destas subvencións é «facilitar a programación de actividades culturais e fortalecer a rede de entidades que traballan pola promoción e difusión da cultura galega».

A partir da publicación no BOP ábrese un prazo de 10 días hábiles para que as entidades interesadas poidan presentar alegacións, comunicar a súa desistencia ou solicitar a reformulación do proxecto. Se non se presenta ningunha comunicación neste prazo, a subvención considerarase aceptada tacitamente.

Listaxe de entidades beneficiarias

A seguir detállanse as 50 entidades que aparecen na proposta de concesión provisional, divididas polas súas categorías:

● Entidades representativas dos sectores profesionais e amadores:

o Academia Galega de Teatro

o Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural (AGASOC)

o Asociación Academia Galega do Audiovisual

o Asociación Clúster do Audiovisual Galego

o Asociación Coordinadora Galega de Festivais de Cinema (Proxecta)

o Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG)

o Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

o Asociación de Medios en Galego

o Asociación de Profesionais de Circo de Galicia (APCG)

o Asociación Galega de Artesáns (AGA)

o Asociación Galega de Editoras (AGE)

o Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega)

o Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM)

o Asociación Galega de Produutoras Independentes (AGAPI)

o Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI)

o Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC)

o DAG – Asociación Galega de Deseño

o Emisoras Municipais Galegas

o Federación Coral Galega (FECOGA)

o Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP)

o Federación Teatral Afeccionada de Galicia (FETEAGAL)

o Fundación Carlos Casares

o Unión Internacional de Marionetistas – Delegación Galicia (UNIMA)

● Fundacións e entidades titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas:

o Arzobispado de Santiago de Compostela

o Asociación Patronato Museo Etnográfico da Capela

o Centro Estudios Melidenses – Museo Terra de Melide

o Federación de Libreiros de Galicia

o Fundación 10 de Marzo

o Fundación Araguaney – Puente de Culturas

o Fundación Benéfico Docente Fernando Blanco

o Fundación Biblioteca de la Casa Consulado

o Fundación Castelao

o Fundación Catedral de Santiago de Compostela

o Fundación Centro Internacional de la Estampa Contemporánea (CIEC)

o Fundación Compostela Arquitectura

o Fundación Dardo – Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas (DIDAC)

o Fundación Eugenio Granell

o Fundación Galiza Sempre

o Fundación Luis Seoane

o Fundación Luis Tilve

o Fundación Manuel María de Estudos Galegos

o Fundación Moncho Reboiras

o Fundación Museo Artes Grabado Estampa Digital

o Fundación Olga Gallego

o Fundación Pazos Cuchillo de Pazos

o Fundación Rede Innovación Arousa

o Fundación Rogelio Groba

o Fundación Rosalía de Castro

o Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas

o Museo Etnográfico Monte Caxado

Comparte éste artículo
No hay comentarios