Tamén conseguimos aprobar as CATRO iniciativas que presentamos: cos votos de toda a corporación o recoñecemento histórico para designar a ponte de As Samasas con nome e Tomás Notario e co apoio de 13 votos as proposicións para estudar a conservación da Estación de Autobuses, mellorar o mantemento dos polígonos industriais de O Ceao e As Gándara así como incrementar as frecuencias ferroviarias
👉 Saíu adiante por UNANIMIDADE a emenda que presentamos para frear a prevalencia do PMUS sobre o PXOM.
Conseguimos o apoio unánime de todos os grupos da corporación. Tanto PSOE como BNG recoñeceron que era necesario modificar o artigo 150.2 do Plan Xeral para corrixir esta cuestión. Cando se rectifican, acertan
Estamos falando dun acordo importante que reforza a seguridade xurídica e mellora o PXOM.
Cómpre lembrar que o PP presentou un recurso contencioso-administrativo fronte ao intento do bipartito de aprobar o Plan de Mobilidade sen debate en pleno nin as garantías xurídicas necesarias, o que obrigou ao Goberno local a abrir un prazo de alegacións tras a súa admisión a trámite polo TSXG.
PROPOSICIÓNS.-
👉 Co apoio de 13 edís, acordamos estudar a proposta de Lugo Monumental para manter o edificio, habilitar un intercambiador que conecte co transporte urbano e crear unha zona verde nas dársenas.
Sorprende a falta de unidade do goberno: o BNG cambia de opinión e xa non lle gusta o seu proxecto de gran parque central, intentando autoenmendarse; e o PSOE, a estas alturas, só quere estudar o estado do edificio antes de tomar unha decisión.
👉 Unanimidade para para instar ao goberno de España a que designe a Ponte de As Samasas co nome de Tomás. Este acordo supón un exercicio de recoñecemento histórico e de xustiza.
Agradecemos que socialistas e nacionalistas rectificasen. Cando se abordou este mesmo asunto no pleno de febreiro do ano pasado, á petición do Colexio de Enxeñeiros e do Grupo Municipal, o PSOE e o BNG limitáronse a dar traslado ao Goberno de España desta petición, e a proposta non prosperou.
Este é outro novo exemplo de que cando rectifican, acertan. Na perseveranza está o éxito. Seguimossss
👉 Con 13 votos a favor tamén logramos aprobar que se leve a cabo un Plan Integral de mellora para os polígonos industriais de O Ceao e As Gándaras. Un dos exemplos máis gráficos do abandono no que se atopan témolo na rúa dos Carros, no CEAO, onde hai un burato en medio da vía dende o ano 2023. Outros problemas de mantemento son o dos sumidoiros tupidos, beirrúas en mal estado, falta de limpeza, mobiliario urbano en mal estado e autobuses que non se adaptan aos horarios dos traballadores.
👉 Tamén conseguimos aprobar, pese á oposición de PSOE e BNG, a nosa proposición sobre incremento das frecuencias ferroviarias. Cambiar o horario dun tren véndese como un gran éxito, mentres o resto de capitales de provincias avanzan en conectividade. Lugo segue coa excepción: 3 conexións diarias de ida e volta con Madrid, fronte a 11 en Ourense. Lugo non pode seguir sendo a excepción: esiximos conexións reais e horarios competitivos.