Hai máis dun ano, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña pendurarara do valado metálico do porto deportivo de Viveiro, frente ao Centro de Saúde, unha faixa co lema “Pola resurrección da nosa sanidade”, denunciando a grave situación que están a vivir os veciños e veciñas de Viveiro pola falta de persoal facultativo no mencionado centro. Era unha forma de reivindicar pacíficamente , cun lema que fai referencia ao evento rockeiro de Lavandeiras e utilizando a retranca, o que milleiros de viveirenses reclamaron en concentracións e manifestacións ao longo destes anos.
Os problemas no Centro de Saúde de Viveiro agrávanse día a día, pero a pancarta reivindicativa xa non está alí. En días pasados persoal de Portos de Galicia, ente púbico dependente da Consellería do Mar, e que xestiona e ordena o citado porto, ordeou retirar a faixa.
“Procedemos a retirar a pancarta tal como nos ordearon e buscaremos outra ubicación, pero o que si poden ter por seguro no Partido Popular é que non imos ceder nin un milímetro na nosa loita pola defensa da sanidade pública xunto cos veciños e veciñas de Viveiro e da Mariña” manifestou a portavoz da Plataforma Montse Porteiro, que engadíu tamén que o que tén que facer o Partido Popular é “ resolver os graves problemas que afectan á sanidade pública en Viveiro, en lugar de eliminar expresións gráficas reivindicativas que non molestaban a naide, nin medioambiental nin estéticamente nin supoñían ningún perigo para a circulación nin para os peóns” “Que teñan por seguro que non nos calarán”, remarcou Porteiro.
Graves problemas asistenciais no centro de saúde de Viveiro e no resto da comarca.
O centro de Saúde de Viveiro leva moito tempo sufrindo graves problemas asistenciais, provocados pola falta de substitución de profesionais ausentes. Neste centro, que debería contar con once médic@s de familia, en quendas de mañá e tarde, no mellor dos casos conta con seis facultativ@s que teñen que facer o traballo de once. Esto sobrecarga de traballo ao persoal , que ten que atender un exceso de axenda que causa estrés , presión e mesmo problemas de saúde ás persoas traballadoras, ao tempo que incrementa os tempos de agarda ata cifras escandalosas. Nestes días vimos de saber que hai esperas para unha consulta con medicina de familia de dous meses.
O mesmo problema que acontece en Viveiro está a darse na totalidade da Atención Primaria da Mariña , onde as localidades incrementan a súa poboación ata cinco veces , sen persoal para a atención das persoas desplazadas desde hai xa máis de cinco anos,o que agrava a sobrecarga e as agardas e provoca un caos asistenciais ao largo e ancho da comarca.
Desde a Plataforma instan tamén ao PP a poñer o mesmo empeño na solución dos problemas na atención sanitaria ca poñen en intentar silenciar as reivindicacións veciñais.