Rego: “Afrontamos as eleccións coa convicción de termos realizado un bo traballo e a confianza nun aumento da representación”

O deputado do BNG fixo un chamado ao conxunto da sociedade galega para que “concentre todo o apio ao BNG” e deixou en evidencia a un PP que “vota contra a Galiza”.

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, compareceu este mediodía no Congreso para realizar unha avaliación da convocatoria das eleccións xerais para o 29 de novembro. “Afrontamos o proceso con confianza porque temos a convicción de termos realizado un bon traballo en Madrid -no Congreso e no Senado- e a convencimento de que o BNG vai aumentar a súa representación”, sinalou Rego.

O deputado do BNG afirmou que BNG cumpriu os compromisos coa cidadanía galega, na defensa da Galiza e dos intereses das clases populares, tamén de políticas socias, de progreso e transformadoras e “actuamos como un muro de contención frente á involución que representan a dereita e a ultra dereita. Os resultados están aí, de melloras para Galiza” e mostrou a confianza en que “a sociedade galega saberá recoñecer este traballo dando máis forza ao BNG, máis forza á Galiza”. 

“Somos o mellor antídoto frente ao PP que vota en contra da Galiza”

Rego fixo un chamado ao conxunto da sociedade galega que quere afastar calquera posibilidade de involución da man do bloque reaccionario liderado polo Partido Popular e que opta por continuar avanzando en dereitos e democracia para que “concentre todo o apoio no BNG. É o mellor antídoto frente a un PP cada vez máis ultra e a gobernos que, se non estiver o BNG, non se lembrarían da Galiza”. Rego deixou en evidencia que o PP “sempre vota en contra do noso país”, e puxo como exemplo a quita da débeda ou a transferencia da AP-9, conseguidas polo BNG.

Sinalou que o BNG “é unha forza en alza, en ascenso e que aumentará a súa representación”. Asegurou que “faremos unha campaña en positivo pondo en evidencia as políticas de retroceso do PP. Somos tamén o mellor opción para defender os intereses das clases populares galegas e tamén para que non haxa un Goberno de ultra dereita”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios