Funtastik chega a Expourense con deporte, xogo e aprendizaxe en valores para a mocidade

Visita Luis Menor Pérez (Presidente da Deputación de Ourense) a FUNTASTIK en Expourense acompañado de Berto Fernández Docompo (Xerente de Mantesil), Manuel Pardo Cid (Delegado da Xunta en Ourense), Rogelio Martínez González (Xerente de Expourense) e Jorge (Xefe territorial de educación).

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou hoxe a iniciativa de ocio activo Funtastik que mestura en Expourense unha oferta de deporte, xogo e aprendizaxe en valores, reunindo nesta mañá a preto de 500 rapaces e rapazas procedentes de diferentes puntos da provincia.

Este proxecto inclúe actividades vencelladas á educación, á sustentabilidade, ao consumo responsable ou á igualdade. Nesta segunda edición, incorpora novidades como as zonas de actividade física e aventura, xunto con campañas como “Mercar con sentido” ou “Galicia Máxica”, cunha previsión de participación de máis de 40 centros educativos da provincia. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios