O PSdeG de Lugo prescinde de Orozco na súa proposta para o Senado

A pesar de que José López Orozco recibiu un importante respaldo e propostas por parte de diversas bases e agrupacións locais das bases socialistas para figurar na lista ao Senado, a dirección do partido e a Comisión Xestora optaron finalmente pola oficialidade continuista.

O Comité Provincial Extraordinario celebrado no Hotel Torre de Núñez aprobou sen modificacións a proposta oficial da Xestora, a cal situaba a César Mogo Zaro como cabeza de lista ao Senado (acompañado por Ana M. González Abelleira e Roberto Castro González) e a Patricia Otero Rodríguez ao Congreso. Deste xeito, os apoios das bases locais que impulsaban a volta do exalcalde non se traduciron na súa inclusión definitiva na candidatura proposta polos órganos de dirección provincial.O Comité Provincial Extraordinario aprobou a lista proposta pola Comisión Xestora, encabezada por Patricia Otero Rodríguez no Congreso e César Mogo Zaro no Senado.

Listas aprobadas

  • Candidatura ao Congreso dos Deputados:
    1. Patricia Otero Rodríguez
    2. Jorge Bustos Atanasio
    3. Eva Blanco López
    4. Ismael Carcedo Gómez
  • Candidatura ao Senado:
    1. César Mogo Zaro
    2. Ana M. González Abelleira
    3. Roberto Castro González

Próximos pasos na tramitación

Tras este acordo adoptado no ámbito provincial, as candidaturas continuarán o seu proceso de tramitación a través dos órganos do partido:

  • Pasarán á Comisión Executiva Galega e á Comisión Federal de Listas para a emisión dos seus respectivos informes.
  • A aprobación definitiva terá lugar no Comité Federal do PSOE, cuxa xuntanza está prevista para o vindeiro sábado 17 de outubro.
Comparte éste artículo
No hay comentarios