O Concello de Lugo conta desde hoxe con sete novas auxiliares administrativas que tomaron posesión dos seus postos en diferentes áreas municipais. A alcaldesa, Elena Candia, deulles a benvida e felicitounas pola súa incorporación, destacando a importancia do persoal municipal no funcionamento dos servizos públicos e na atención diaria á veciñanza.
Tres das incorporacións corresponden á cobertura de prazas vacantes de carácter interino na área de Participación Cidadá, recorrendo á lista de reserva en vigor, confeccionada como resultado do proceso selectivo na categoría de auxiliares administrativos.
As outras catro tomaron posesión como funcionarias de carreira e destinaranse ás áreas de Arquivo, Licenzas, Arquitectura e Rexistro.
A alcaldesa trasladoulles os seus parabéns e desexoulles éxito nesta nova etapa profesional ao servizo do Concello de Lugo.