Ponteceso activa o Plan Local de Continxencias por contaminación mariña

O alcalde do Concello de Ponteceso, José Manuel Mato, vén de activar o Plan Local de Continxencias por contaminación mariña accidental tras reunirse coas autoridades locais en materia de seguridade.

A acción lévase a cabo despois de que os pélets esparexidos pola vertedura do mercante Toconao, en Portugal, están a chegar á Costa da Morte e, polo tanto, exista a posibilidade de que os microplásticos poidan afectar as praias locais.

???? O documento, neste primeiro nivel de emerxencia, prevé actuacións en 2 liñas:
1️⃣ A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil intensificará a vixilancia nos areais.
2️⃣ No caso de atopar pélets establecerán equipos de limpeza co persoal do Concello, contactará coas entidades medioambientais e organizarán xornadas con voluntarios para recoller os microplásticos de xeito adecuado.

Portada. Praia de Balarés hoxe

Etiquetas
Comparte éste artículo
1 comentario