O ecoloxismo súmase á manifestación «En defensa do Mar»

por Redacción Galicia

Novamente, como xa acontecera na catástrofe do Prestige, tiveron que ser os colectivos cidadás e as persoas voluntarias as que, en ausencia das institucións, ecoloxistas e xente do mar sairon ás praias a loitar contra esta marea plástica ante a tardanza e o desleixo das administracións en facer fronte a ésta ameaza. 

Esixen á Xunta de Galicia e ao Estado Español unha mínima coordenación para facer fronte ás consecuencias desta vertedura e unha maior transparencia na información ao público de como se usan os medios aéreos, marítimos e as imaxes satelitais e de oceanografía operacional, no control do tráfico e seguimento dos vertidos e medidas de intervención no mar para evitar que cheguen as verteduras ás nosas costas. Reclaman tamén transparencia na información ao público sobre a toxicidade dos materiais e os seus efectos sobre a saúde e os ecosistemas mariños. Adeais solicitan que se subministre ao voluntariado os medios de protección axeitados aos perigos do material que manipulan e os contedores específicos para a súa recollida

Denuncian a impunidade con que milleiros de toneladas de materiais tóxicos circulan todos os anos diante das costas galegas e a práctica indefensión do noso litoral fronte aos riscos derivados deste tráfico. 

Comparte éste artículo
1 Comment