Néboas no amencer e sol de primavera para os vindeiros días en Galicia

por Óscar de Souto

Xornada moi tranquila en Galicia, baixo a influencia anticiclónica.
A néboa e o frío destas primeiras horas da mañá deron paso a unha tarde solleira, moi suave, con nubes altas, pouco vento e ascenso de temperatura. Pasamos de inverno, puro e duro, con mínimas que tocaron valores negativos nos termómetros das montañas galegas a valores máximos rondando os vinte graos centígrados en boa parte do territorio nas horas centrais da xornada de hoxe. Mañán repetirase un tempo seco, nevoas nas primeiras horas por zonas, vento sur e suroeste floxo, semellante a xornada de hoxe, ata a entrada dalgunhas precipitacións o xoves co vento cambiando a compoñente suroeste e oeste, algo máis intensas.

Foto portada. Ana Ruiz.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario