Lugo mellora a xestión dos enterramentos no Cemiterio Municipal cun novo servizo de reserva de horas para as funerarias

por Redacción Lugo

Cristina López: «Con este novo sistema melloraremos a xestión dos enterramentos e simplificaremos o traballo das funerarias, o que se convertirá nunha xestión máis rápida para a veciñanza»

A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, presentou hoxe o novo sistema de cita previa que se poñerá en marcha nos vindeiros días no Cemiterio Municipal. O sistmea, que estará dispoñible nos próximos días para as principais funerarias, permitirá «mellorar os enterramentos no cemiterio, ao simplificar o traballo das funerarias» segundo explicou Cristina López, que engadiu «isto convertirase nunha mellor xestión para a veciñanza, que poderá escoller de outra maneira o horario do enterramento, nunha instalación que realiza enterramentos os 365 días do ano».

Esta medida ponse en marcha xunto coa ampliación das franxas de enterramento do cemiterio, medida que garant eunha maior dispoñibilidade horaria no cemiterio, acollendo ata 6 enterros diarios de luns a sábado. Desde o pasado día 1, o Cemiterio pode acoller enterros entre as 10:30 e as 18:00 de luns a sábado, un cada hora entre as 10:30 e as 13:30 e dous en horario de tarde, ás 17 e ás 18 horas. O horario da instalación é de de 9.30 a 14.30 horas e de 16.00 a 19.00. de luns  sabado e os domingos e festivos de 9.30 a 14.30 horas. Con esta medida, amplíanse ata 6 os enterros realizables nas xornadas de luns a sábado, xunto cos 4 que se poden realizar no horario de domingo.

Nas xornadas de maior afluencia de visitantes, o horario de visitas será ininterrumpido entre as 09:30 e as 19:00. Este horario aplicarase os días 17 de marzo, 5 de maio, 26, 27, 28, 29, 30 e 31 de outubro e 1 de novembro.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario