“Grumetes Sostenibles / ECOSEAS”, el proyecto de Arvi para fomentar la pesca sostenible entre los escolares

La iniciativa, que cuenta con el apoyo de la Fundación Biodiversidad a través del Programa pleamar, está dirigida al público infantil y fomentará la pesca sostenible entre los escolares de toda España. Profesores, pedagogos de centros escolares, empresas especializadas en ocio infantil y ONG han mantenido una reunión en la sede de ARVI para definir una estrategia pedagógica que permita un correcto aprendizaje de las temáticas del proyecto entre la comunidad escolar  Leer más

Cuatro países de la Región de África autorizan una vacuna contra el ebola: todo un hito en la prevención de esa enfermedad

La República Democrática del Congo, Burundi, Ghana y Zambia han autorizado una vacuna contra el ebola 90 días después de que la Organización Mundial de la Salud (OMS) concluyese su precalificación. Se espera que la vacuna se registre en más países en las próximas semanas Leer más

Continúa a segunda edición de Tempo da Psicoloxía

Mañá martes, 18 defebreiro, continúa a segunda edición de Tempo da Psicoloxía, que nesta ocasión se centrará en certas fendas que se dan na nosa sociedade e como as ferramentas tecnolóxicas poden contribuír a reducilas. O segundo faladoiro deste ciclo comezará ás 19:30 horas na Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19) de Santiago de Compostela, con acceso libre e gratuíto ata completar o aforo.

Baixo o título “Tecnoloxías que rachan coas fendas sociais” abordaranse certas fendas sociais, como as que se derivan do xénero, o rural, a vellez ou a enfermidade mental, e o impacto que teñen para a súa redución as ferramentas dixitais. Participará Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia; Rosa Arcos Caamaño, presidenta de Fademur Galicia; María José Fares Varela, psicóloga experta en envellecemento e docente das Aulas Senior ATEGAL; así como Patricia Gómez Salgado, psicóloga de FEAFES Ourense. Esta conversa estará moderada pola xornalista Tamara Montero.

A última das actividades de acceso libre será o mércores 19, tamén na sede Afundación e ás 19:30h, para abordar como mudaron as nosas formas de relacionarnos, tanto de xeito interpersoal como coa propia administración ou a través da nosa identidade dixital. A xornalista Alba Mancebo ocuparase de dirixir esta conversa, na que participará Marcus Fernández, webmaster de Código Cero; Julio González Morandeira, psicólogo e responsable de innovación do Concello de Lugo; Noa Díaz Varela, concelleira de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas do Concello de Santiago; así como unha alumna do Grao de Psicoloxía, Lara Deza.

Tempo da Psicoloxía é un proxecto organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e que se desenvolverá na capital compostelá e que se estenderá ata o xoves 20.

O peche desta edición de Tempo da Psicoloxía será na Facultade de Psicoloxía, con motivo dos actos de celebración do Día da Psicoloxía Académica, no que Cristina Botella, catedrática de Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos da Universitat Jaume I, impartirá unha conferencia co título “O uso das TIC na intervención psicolóxica”.

1 7 8 9 10 11 36