Elena Candia dimitiu como deputada provincial: “non esquezo de donde veño e a quen me debo”

 “Asumo este novo reto porque creo nun proxecto e confío nun gran líder”. Esta nova posición “permitirame, ademáis, cumprir da mellor maneira os meus compromisos coa miña cidade e coa miña provincia”.

A popular puxo en valor “os acordos alcanzados no pasado mandato entre os dous principais partidos para desbloquear situacións difíciles e complexas”.

O Grupo Provincial do PP nomea por unanimidade voceiro na Deputación a Javier Castiñeira

O Grupo Provincial do Partido Popular nomea por unanimidade voceiro na Deputación a Javier Castiñeira. Así o acordaron todos os deputados, logo de que Elena Candia efectuase a súa renuncia no Pleno Extraordinario celebrado a última hora da mañá.

Deste xeito, o deputado asume as funcións que ata o de agora desempeñaba a mindoniense e ás que vén de renunciar para encabezar a lista dos populares da provincia ás autonómicas do vindeiro 5 de abril.

Javier Castiñeira, natural de Foz, é arquitecto técnico de profesión. Dende o ano 11 ata o 19 foi alcalde da súa localidade natal. Na actualidade, é voceiro deste grupo no municipio mariñao e, ata o de agora, vicevoceiro na Deputación.

O novo voceiro agradece a confianza de todos os compañeiros de Grupo, e moi especialmente o de Elena Candia, a quen lle desexa os  maiores dos éxitos posibles, confiando en seguir, di, “o camiño trazado” pola mindoniense porque “era a deputada que, sen lugar a dúbidas, mellor coñecía a provincia e a propia institución”.

Javier Castiñeira pon así en valor o traballo desenvolvido ao longo destes anos pola mariñá, destacando que repercutiu na mellora de máis e mellores servizos para os veciños e veciñas da provincia, sendo, incluso, “panca de forza para que a Deputación puxese en marcha proxectos tan destacados como o Plan Único que tivo unha aportación económica directa para todos os Concellos lucenses”.

Orde natural

Co nomeamento de Castiñeira, os deputados acordaron seguir así a orde natural da portavocía marcada ao inicio da lexislatura. Isto implica que Agustín Baamonde será o vicevoceiro primeiro, José Antonio García o segundo e, José Pardo Lombao, o vicevoceiro terceiro.

Coa renuncia de Elena Candia, entra como deputado o concelleiro de Barreiros, José Manuel Gómez Puente.

 

Gonzalo Caballero: “Comprométome a crea un mapa de servizos públicos básicos para toda a cidadania, viva onde viva”

O candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, inaugurou hoxe unha nova xornada do IdeaGaliciaLab que nesta ocasión levou a Lugo o reto demográfico e as políticas públicas que se deben poñer en marcha para paliar a situación, e formulou medidas concretas neste senso, como a creación dun mapa de servizos básicos para toda a poboación, “viva onde viva”. Leer más

A Deputación de Ourense participa na I Xornada de Turismo e Tecnoloxía

 A Deputación de Ourense vén de participar na I Xornada de Turismo e Tecnoloxía (Loopcongress), celebrada na Cidade da Cultura de Santiago, e que estivo organizada polo Clúster de Turismo de Galicia e o Clúster TIC Galicia, un encontro profesional dirixido a fomentar a colaboración entre as empresas representadas polas ditas plataformas co obxectivo de avanzar en transformación e competitividade. Leer más

1 68 69 70 71 72 399