A nova colaboración entre o Concello de Ponteceso e o Centro de Rescate de Animais XEA do Concello de Zas, dende fai varios meses, cumpre por fin coas normativas municipais e estatais sobre a recollida e tratamento axeitado para mascotas perdidas, principalmente, e outros casos similares.
Este centro privado homologado e oficial ten a tarefa de recoller in situ eses animais que aparecen a miúdo perdidos ou abandonados polo municipio e cun excelente servizo 24 horas encárganse de limpalos, desparasitalos e poñelos en corentena mentres intentan atopar o seu propietario nun prazo de dez días. Ademais destes e outros servizos o animal, exemplo (operacións) se fosen atropelados, tamén buscan persoas responsables para a súa adopción se ninguén se fixese cargo dos mesmos.
Amais dos propios problemas que poida sufrir o animal o atoparse bagabundeando polas rúas debemos ter en conta os graves incidentes que puidesen causar, exemplo, accidentes de tráfico, enfermidades que poidan transmitir ou incluso se morden a outros animais ou a unha persoa, entre outros moitos exemplos. Nesta inxente tarefa de rescate debemos intentar entrar dalgún xeito tódolos veciños, o Concello por estar xa obrigado pola nova lei de maltrato animal e polas propias normas municipais como responsable do municipio neste e noutros moitos asuntos, o GES de Ponteceso pola súa excelente labor en calquera das facetas nas que xa opera, protección civil polo seu excelente historial do que nos sentimos moi orgullosos, pero, tamén nós como cidadáns temos agora a obriga moral de avisar cando notamos que un animal se atopa desorientado e con algún síntoma de abandono, tamén o labor de adoptar, quen poida facelo, para facilitar, e moito, a inxente tarefa de manter a orde dentro do noso Concello.
Pola nosa parte, dende UCIN Ponteceso, felicitar a XEA Zas e a todos e todas os e as que facedes posible un Municipio mellor, pois o novo mundo que se está a cociñar quere ser máis respectuoso coa natureza, cos animais e moito mais coas mascotas que tantos e tantas lles temos agarimo. Parabéns e adiante !!!!