O PP desvela que o Servizo Administrativo de Augas de Lugo está baixo mínimos xa que “conta con dúas persoas menos para facer o mesmo traballo de sempre”

por Redacción Lugo

O cese de dúas traballadoras deixa a oficina cunha única auxiliar para atención en ventanilla, que se terá que turnar cun técnico, o que repercutirá nun retraso na tramitación de procedementos como retrasos en pagos de facturación, entre outros

Esta reflexión vén ao fio do cese, este mes, de dúas, das auxiliares administrativas  (adxúntanse decretos dos días 14 XUÑO, 7 XUÑO) co que queda unha única persoa en ventanilla no edificio do Concello no Seminario.

“É inaceptable o desmantelamento do Servizo de Augas: primeiro recurtan o persoal da brigada poñendo en jaque a reparación das fugas, e agora deixan a oficina administrativa baixo mínimos con tan só unha auxiliar administrativa que ten que turnarse cun técnico cuxa competencia é tramitar expedientes, restándolle tempo para este cometido”.

Os populares alertan que esta falta de persoal vai retrasar procedementos administrativos como son a xestión da altas, baixas, cambios de titulariedade dos recibos de auga, así como a actualización do padrón e a facturación.

“Se tiñamos un servizo básico pouco dimensionado, agora co estes dous ceses haberá retrasos” manifestando que “se o colapso non é total no Servizo Administrativo de Aguas é grazas a vontade e a involucración dos seus traballadores xa que a realidade é que non hai tempo físico para despachar todo o traballo”.

“Pedimos ao goberno local axilidade na previsión da cobertura de prazas nun servizo vital para a cidadanía cuxa responsabilidade é competencia exclusiva municipal”.

Segundo a Relación de Postos de Traballo a parte administrativa do Servizo de Augas ten a 9 persoas:

– 1 xefe de servizo;

– 1 técnico;

– 1 técnico medio;

– 1 administrativo;

– 4 auxiliares administrativos. So estaban 3 cubertas e quedaba unha vacante.(neste momento co cese so queda 1 auxiliar)

– 1 xefe de negociado do padrón de augas (vacante)

A maiores hai 7 lectores de contadores (4 sen cubrir)  e 1 operario

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario