O PP pide dende A Mariña que “o Goberno se implique con Alcoa e favoreza un marco enerxético competitivo” 

A situación de incerteza sobre a factoría de alúmina-aluminio foi un dos temas principais da reunión que mantiveron os deputados nacionais con alcaldes e representantes populares nos concellos da comarca

  • Os populares urxen a convocatoria da mesa de seguimento, a autorización de parques eólicos para garantir enerxía a prezos competitivos e «incrementar o apoio do Goberno en compensacións por custes de emisións de CO2»
  • «A falta de investimentos do Goberno do Estado en materia de infraestruturas para avanzar na A-74 está a xerar unha Mariña en dúas velocidades» que sufre tamén «o abandono do FEVE e das estradas nacionais»
  • Os alcaldes, portavoces e concelleiros lembraron outras demandas: a retirada do lobo do LESPRE, o segundo acceso á A-8 en Ribadeo, a rebaixa do prezo do solo industrial no polígono de Ribadeo, a implicación de Costas cos accesos ás praias e coa reforma do Mosteiro de San Salvador de Lourenzá
  • Os populares coincidiron en pedir a dimisión de Pedro Sánchez á fronte do Executivo estatal ante «a cascada de problemas de corrupción que asolan ao Goberno e ao PSOE» e o seu «abandono» a Galicia, Lugo e A Mariña
  • En relación ao financiamento, lembraron que «o Goberno beneficia a unhas comunidades e prexudica a outras como Galicia»; pero «o financiamento das entidades locais non están na axenda política do Goberno de Sánchez»

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios