Os nenos perdidos. Por @DulceCorcu

Aínda moi recente na memoria de todos esta historia que agora pode verse nun documental a través dunha plataforma dixital desde onte. O ano pasado catro nenos sufrían un accidende de avioneta no que morrería súa nai e os irmáns -tres nenas e un neno- conseguían sobrevivir na selva colombiana durante corenta días, para abraio e alborozo do mundo enteiro, que percorría ese periplo da man das novas que chegaban desde o máis profundo da Amazonía.

Alén da historia de supervivencia dos cativos, soportada grazas aos coñecementos ancestrais transmitidos á Lesly, a irmán maior de trece anos, a outra crónica estivo en quen os buscaba, primeiro cada un pola súa conta, e despois xuntando esforzos e sabedoría. Exército e indíxenas foron protagonistas ante o seu país, pero tamén ante a ollada mundial, quizais non dunha reconciliación, pero si dunha confianza mutua imprescindible para que os nenos perdidos atopasen o camiño de volta a casa. Usurpados os seus territorios, masacrados e vítimas primeiras das interminables guerras civís en Colombia, o pobo indíxena miraba de esguello a uns militares aos que só coñecían dos seus peores pesadelos, e cos que nada querían ter que ver. Pero foi necesario e así o entenderon nesa procura contrarreloxo dunhas nenas e neno onde a máis pequena só tiña once meses, algo que os propios rescatistas contan en primeira persoa, e co denominador común da felicidade única de atopalos vivos, un momento que sobrecolle e impresiona tanto aos presentes como aos espectadores. O nexo de unión entre os que parecían irreconciliables, militares e indíxenas que puxeron por enriba das súas diferenzas e distancias, todo canto posuían para que Colombia firmase a paz e fosen, alomenos por unha vez, irmáns buscando a irmáns. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios