Gringa Go Home. Por @DulceCorcu

A meirande parte da xente que coñecemos que vive noutros países, lonxe dos seus fogares, soe ser para iso que coloquialmente chamamos «buscarse a vida», pero Cristina Martínez, estadounidense de orixe cubano e residente en Miami, mudouse a España en 2022 por gusto e para probar o que naqueles lares deben chamar «vida europea», algo que, a pouco que investigues, xa te das conta de que baixando dos Pirineos somos moitas cousas, pero europeos, a que menos.

Quizais por iso Lady Cristina está tan defraudada despois dunha  estancia en Cantabria, á que non chegou a adaptarse por varias cuestións, pero unha foi o clima. Catro ou cinco días seguidos chovendo en Santander. Mirade, o nunca visto. Imposible non entender á gringa. Conste que sabía que en España hai lugares onde será por sol, pero resulta que era coñecedora tamén do problema de okupación que sufrimos en España e non quixo enfrontarse a semellante desgraza, o que nos indica que boa parte do tempo libre que tiña era adicado a escoitar a Ana Rosa e Iker Jiménez. Aducía que en Miami iso non pasa. Claro que non, alí é máis doado que morras nun tiroteo que ser dono dunha casa. Outro dos inconvintes, que é iso de non ter todo aberto ás vintecatro horas do día. Como non vas poder ir pedir uns tacos con chile ás catro da mañá? E por enriba, que pouca variedade na oferta culinaria. Acabas co marisco e o entrecot e que máis pides? Pouco saludable e graxenta, di ela. Nada como esa variedade inmensa de manxares gastrónomicos americanos libres de aceites e colesterol, con meniños que non probaron unha mazá na vida porque custa o dobre ou triple que unha hamburguesa. Como non entender a Cristina, que se sentía ofendida ao non ser convidada polos lugareños a unhas copas nas súas casas, que cultura tan pechada, dixo ela. Nada que ver coa hospitalidade ianqui da que igual volves cos pés por diante e unha bala no peito ao ser confundido cun inmigrante mexicano. O mellor de todo é que Cristina fixo unha reportaxe deste seu tempo na salvaxe España, emitida por unha canle do seu país que oxalá fose visto por milleiros de nativos que, con sorte e ao contrario dela, nunca cruzarán esa fronteira pirenaica que nos separa de tanta mamarrachada. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios