A vitoria, aínda que sufrida, reflicte a máxima do fútbol, o que conta son os goles e os tres puntos para non perder de vista as dúas primeiras posicións que premian o ascenso directo.
A xornada de hoxe deixou claro que ao Deportivo lle custou Deus e axuda superar o Ceuta. Houbo momentos de desacougo, onde o xogo non fluíu coa brillantez desexada, pero a reacción final demostrou a capacidade do equipo para competir cando máis o necesita.
Con todo, no fútbol profesional, e especialmente cando se xoga non perder a estela do ascenso directo, a estética pasa a un segundo plano cando o imperativo é puntuar. A máxima é simple e innegociable: o fútbol son goles, lembro a o meu compadre que soia dicir: «Goles son amores e non outras razóns, pero sempre un mais que o contrario». Canta razón a de Carlos Muíños, o importante e sumar puntos. Non importa tanto «como se xogue» ou o brillo das xogadas, senón a eficacia implacable na área rival.
É imprescindible sumar de tres para non perder ese «chanzo» que marca a altura máxima do caixón, o ascenso directo. Calquera empate a estas alturas, por moi ben xogado que estea, é un freo que os rivais poden aproveitar. Estes tres puntos de hoxe valen o mesmo que calquera vitoria folgada, e son vitais para manter a presión no máis alto da táboa.
A vitoria pragmática de hoxe reafirma que, na recta final do partido cando apretaba o Ceuta, o traballo efectivo, a mentalidade gañadora dos xogadores para conseguir os tres puntos, foron o único camiño para acadar o cuarto trunfo consecutivo, doce de doce, é o único camiño para non fallar no obxectivo final