O vindeiro sábado 21 de marzo, ás 13:00 horas, a “Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211”, celebra o concerto “Música para unha Reconquista” abrindo, así, as festas de Vigo que ao longo da semana terán lugar na cidade olívica.
Descubre más noticias musicales como esta
Como é tradicional, o concerto celébrase na Basílica Santa María de Vigo, sita no Casco Vello, grazas á colaboración do Concello de Vigo.
Actuarán as dúas orquestras, a Infantil, dirixida por Miriam Fernández e a Xuvenil, dirixida por José Manuel Fernández; así como o Ensemble de Chelos.
Preto de 60 músicos de entre 7 e 22 anos que interpretarán un repertorio destinado a un público familiar.