O PSOE reclama unha revisión total da Travesía de Arteixo logo de lograr que o PP rectifique coa caseta

O Grupo Municipal Socialista de Arteixo instou ao Goberno do Partido Popular a completar a «reposición da legalidade» na Travesía de Arteixo, advertindo que o recente movemento dunha caseta de obra que invadía a beirarrúa é «só a punta do iceberg» das deficiencias que presenta a zona.

A formación socialista, que xa denunciara esta situación mediante un rogo en marzo de 2025, celebra que o alcalde recoñecese finalmente o erro e pedise desculpas, pero puntualiza que o compromiso municipal debe ir máis alá de mover un obstáculo tras un ano de reclamacións.

Seguridade peonil e peches fóra de norma

O PSOE de Arteixo condicionou a súa postura política no pasado pleno, onde se abstivo na petición de dimisión do concelleiro de Urbanismo tras as desculpas do rexedor, ao cumprimento íntegro das melloras pendentes. Segundo o voceiro socialista, Martín Seco, o Goberno local non pode dar por pechado o expediente mentres existan puntos críticos para a cidadanía:

  • Parcelas inseguras: O PSOE esixe que se obrigue ao propietario da parcela situada trala caseta de obra a realizar un peche conforme á legalidade, dado que actualmente supón un «punto de inseguridade» para os menores que residen na contorna.
  • Caos peonil en Clickfer: Urxe regular o tráfico peonil e de vehículos na urbanización onde se sitúa a ferraxería Clickfer, onde a convivencia entre coches e viandantes carece de ordenación clara.
  • Beirarrúas inacabadas: Os socialistas reclaman a finalización do tramo de beirarrúa na marxe esquerda (dirección Carballo), entre o Centro de Saúde e a citada urbanización, para eliminar os actuais riscos de atropelo.

«Outras noticias de Arteixo. Os socialistas de Arteixo urxen a recuperación dos paseos fluviais ante o seu «abandono e deterioro»

Afrontar a realidade e pedir desculpas está ben, pero a política de seguridade viaria non se pode facer a cuentagotas. O PP recoñeceu que a caseta era irregular só cando non tivo máis remedio, e agora debe actuar coa mesma dilixencia no resto das deficiencias que poñen en perigo aos veciños», sinalou o voceiro socialista.

Unha herdanza de «deixadez» de máis de doce meses

Dende o Grupo Socialista lembran que estas demandas non son novas, senón que forman parte dunha estratexia de fiscalización que o PP tratou de ignorar durante máis dun ano. «O noso voto de confianza na última sesión plenaria non é un cheque en branco; é unha esixencia de xestión para que a Travesía de Arteixo deixe de ser un exemplo de urbanismo de parches e pase a cumprir estritamente coa normativa vixente», conclúen.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios