Brais Vázquez Lamazares publica Acordanza, un libro sobre deporte, memoria e identidade na Ulloa

A obra, xa á venda, propón un percorrido pola memoria deportiva dos noventa e dous mil relacionada coa dunha comarca na que o deporte forma parte da súa historia colectiva.

O autor Brais Vázquez Lamazares acaba de publicar Acordanza, un libro no que o deporte funciona como fío conductor para reconstruír recordos, persoas, lugares e costumes ligados á comarca da Ulloa, partido do que aconteceu no mundo nos anos noventa e dous mil. A obra xa está á venda e nace coa vontade de unir memoria deportiva, tradicións, identidade local e experiencia vivida nun mesmo relato.

A través das súas páxinas, Acordanza percorre campos, equipos, partidos, deportistas e momentos que forman parte tanto da memoria deportiva mundial como da vida cotiá da comarca. O libro vai máis alá do feito competitivo e reivindica o deporte como espazo de aprendizaxe, comunidade, xuventude e pertenza, sen descoidar o peso da tradición, da paisaxe e da xente que conforma a identidade da Ulloa.

Coincidindo coa súa saída á venda, nas vindeiras semanas organizaranse presentacións públicas en distintos puntos da comarca, encadradas en actos culturais e participativos arredor do libro. Estes encontros estarán acompañados por unha pequena exposición titulada «Xogo, imaxe e memoria» de camisetas deportivas, cromos antigos e outros obxectos, para crear unha experiencia máis visual e evocadora para o público.

Segundo o autor, Acordanza quere ser “un libro escrito dende o corazón, pensado para que cada lector poida atopar nel unha parte da súa propia memoria”. A obra preséntase así como unha homenaxe ao deporte vivido dende a proximidade e tamén á comarca, ás súas tradicións e á súa xente.

Comparte éste artículo
No hay comentarios