O BNG visita as instalacions da asociación Cohors III Lucensium no Arde Lucus

 As e os concelleiros do BNG visitaron o campamento instalado na praza Maior pola asociación Cohors III Lucensium, guiados polo representante da asociación, Eduardo Fernández Abel. A concelleira do BNG, Maite Ferreiro, convidou á veciñanza a desfrutar do Arde Lucus, «unha das grandes festas de Lugo que este ano celebra o seu 25º aniversario», e afirmou que «temos por diante catro días cheos de actividades a cargo de 19 asociacións que trasladarán as rúas da cidade a hai 2.000 anos».

A concelleira do BNG destacou «o gran traballo» que realizan cada ano as 19 asociacións «traballo que se fai durante todo o ano e que se intensifica nas xornadas previas ao Arde Lucus». Ferreiro afirmou que «temos por diante catro días nos que poderemos desfrutar dun gran número de actividades a cargo das diversas asociacións que participan neste evento».

Ferreiro afirmou que a postura do Goberno Municipal a respecto do Arde Lucus demostra «que ao PP non lle interesa a cultura». Ferreiro lembrou que as entradas non estiveron dispoñibles ata unha semana antes e os programas chegaron tarde ás rúas, «mentres que o PP desde a oposición reclamaba coidar e mellorar este evento, desde o goberno maltratárono, atrasando cuestións tan básicas como publicar o programa».

Comparte éste artículo
No hay comentarios