A Escola Luguesa de Xadrez leva as partidas simultáneas ás rúas de Lugo co proxecto “Xadrez no Camiño”

Celebrarase en espazos emblemáticos de Lugo como o Paseo da Mosqueira, o Parque de Rosalía de Castro, a Praza de Santa María e o Museo Provincial.

A Escola Luguesa de Xadrez organiza unha serie de xornadas de partidas simultáneas dirixidas a toda a cidadanía. Esta iniciativa encádrase dentro do proxecto «Xadrez no Camiño – O Teu Xacobeo» e conta co financiamento da Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22 e a colaboración da Deputación de Lugo, o Concello de Lugo e a propia Escola Luguesa de Xadrez.

O obxectivo da actividade é achegar o xadrez á rúa e dinamizar diversos espazos públicos e culturais da cidade. A participación é totalmente gratuíta, limitada a un máximo de 15 taboleiros simultáneos por quenda ata completar aforamento.

As simultáneas estarán a cargo do Gran Mestre Vladimir Petkov e do Mestre FIDE Pablo López Varela, facendo deste sábado unha xornada de luxo para todas as persoas afeccionadas ao xadrez.

Calendario de actividades

As sesións distribuiranse en dúas xornadas:

  • Sábado, 26 de setembro:
    • 11:00 h — Paseo da Mosqueira: Simultánea a cargo de M.F. Pablo López.
    • 17:00 h — Mirador do Parque de Rosalía de Castro: Simultánea a cargo do G.M. Vladimir Petkov.

Inscricións

As prazas están limitadas a 15 taboleiros por pase, polo que é necesario inscribirse previamente a través da seguinte ligazón:

👉 Formulario de inscrición: https://forms.gle/QZR5u3qCKMsFHGqN8

Comparte éste artículo
No hay comentarios