41 concellos participan na oitava edición de Vilas en Flor

Os expertos xa están visitando os municipios para valorar o traballo realizado polos gobernos locais para continuar mellorando a xestión dos seus espazos verdes.

O movemento Vilas en Flor 2025 volve facer visible a súa actividade coas visitas de avaliación aos 41 municipios galegos que este ano aspiran a recibir as Flores de Honra (ata un máximo de cinco). Este é o galardón co que o programa recoñece a xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna seguindo a estela doutros similares xa en funcionamiento en Aragón, Canarias, Cataluña e Valencia ou países como Francia (baixo o nome Villes et Villages Fleuris), Italia (Comuni Fioriti), Reino Unido (Britain in Bloom), Irlanda (Tidy Towns) ou Canadá (Communities in Bloom).

Por provincias, na Coruña hai 13 concellos adscritos; 20 en Pontevedra; 2 en Lugo e 6 en Ourense co denominador común de que todos eles teñen menos de 40.000 habitantes:

• Provincia da Coruña (13): Abegondo, Arteixo, Carballo, Culleredo, Curtis, A Laracha, Oza-Cesuras, Ponteceso, As Pontes, Sada, San Sadurniño, As Somozas e Vimianzo.

• Provincia de Pontevedra (20): As Neves, Caldas de Reis, Cambados, Cuntis, A Estrada, A Guarda, Lalín, Marín, Mondariz, Mondariz Balneario, Mos, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Covelo, Tomiño, Sanxenxo, Tui e Villagarcía.

• Provincia de Lugo (2): Chantada e Sarria.

• Provincia de Ourense (6): Allariz, O Carballiño, Leiro, Manzaneda, A Pobra de Trives, e San Xoan de Río.

O movemento Vilas en Flor está promovido en Galicia pola Fundación Juana de Vega xunto con Asvinor (Asociación de Viveristas del Noroeste) e Agaexar (Asociación Galega de Empresas de Xardinería). Nesta edición, volve contar co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, a través do Instituto de Estudos do Territorio, así como de empresas do sector ambiental como son Husqvarna, Makita e Rain Bird.

A entrega dos galardóns Vilas en Flor 2025 terá lugar o venres, 14 de novembro (11:00h) en Carballo (A Coruña), que o ano pasado conseguiu catro Flores de Honra. 

O equipo de expertos percorre Galicia

O equipo de expertos voluntarios xa está a recorrer Galicia para valorar o traballo realizado durante o ano pasado polos gobernos municipais para continuar mellorando a xestión dos seus espazos verdes tendo en conta os aspectos contemplados nas bases. Estos son, entre outros, o coidado do patrimonio vexetal e paisaxístico; o respecto polo medio ambiente e a sostibilidade; o uso social e as sinerxías coa actividade turística.

CALENDARIO VISITAS EXPERTOS VILAS EN FLOR 2025
DíaVisita 1Visita 2Visita 3
03-octVimianzo – 10:00hCarballo – 13:00h 
06-octAs Pontes – 9:30h  
08-octVilagarcía – 16:00h  
09-octA Estrada – 10:00hCuntis – 12:00hCaldas – 16:00h
10//10Covelo – 10:00hMondariz – 12:30hMondariz Balneario – 16:00h
 Salceda de Caselas – 10:00hSalvaterra De Miño – 12:00hTui – 16:00h
13-octPonteceso – 10:00hA Laracha – 12:00hArteixo – 16:00h
16-octA Pobra de Trives – 10:30hSan Xoan de Río – 12:30hManzaneda 16:00h
 Mos – 10:30hAs Neves – 12:30hPonteareas – 16:00h
17-octSarria – 10:30hChantada -13:30h 
 A Guarda – 10:30hO Rosal – 12:30hTomiño – 16:00h
20-octLalín – 10:00hO Carballiño – 12:30hLeiro – 16:00h
22-octAs Somozas – 10:00hSan Sadurniño – 12:30h 
24-octCurtis – 10:30hAbegondo – 12:30hCulleredo – 16:00h
29-octAllariz -10:30h  
 Sada – 10:00hOza – Cesuras – 12:30h 
31-octCambados – 10:30hSanxenxo – 12:30hMarín – 16:00h

EXPERTOS INTEGRANTES DO XURADO

• María Isabel Iglesias Díaz. Doutora en Ciencias Biolóxicas. Profesora titular na Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela.

• Carlos Cárcamo Álvarez. Enxeñeiro técnico agrícola municipal do Concello de Ourense.

• María Natividad Gilsanz Mosquera. Bióloga. Técnica de Medio Ambiente, Concello de Ferrol.

• Camino Nicolás Velado. Enxeñeira de Montes e Enxeñeira Técnica Agrícola. Directora do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo (AGACAL).

• Silvia V. Caffaro. Doutora Enxeñeira Agrónoma. Empresa: Viveros Florgalicia S.L.

• Xurxo Xoán González Conde. Administrador de Viveiros Adoa. Xubilado.

• Francisco JGonzález Abuín. Enxeñeiro técnico. agrícola. Experto en xestión de espazos verdes.

• Manuel Torres Lavandeira. Doutor Enxeñeiro Agrónomo. Profesor titular na Escola Politécnica 

Superior da Universidade de Santiago de Compostela.

• Manuel Rodilla del Barrio. Arquitecto técnico. Xubilado.

• José Antonio Rivas Paz. Enxeñeiro agrónomo. Xerente da Fundación de Enxeñaría Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia.

• Amancio Lavandeira. Enxeñeiro técnico agrícola. Profesor no ciclo superior de Paisaxismo e Medio Rural en Fonteboa.

• Ana García Giraut. Enxeñeira técnica agrícola. Experta en xestión de espazos verdes.

• Gaspar Bernárdez Villegas. Doutor en Investigación Agraria e Forestal. Arborista na Estación Fitopatolóxica Areeiro, Deputación de Pontevedra.

• Manuel Fontán Espiño. Propietario do centro de xardinaría Xesteiriña en Sanxenxo e da empresa Xenebro Xardín no Grove ata a súa xubilación.

• Francisco Rodríguez Trinidad. Licenciado en Ciencias Biolóxicas. Xerente de Técnica Arbórea Galega – Artec. Especialista en arboricultura.

• Jorge Prieto Sevilla. Enxeñeiro Agrónomo. Experto en xestión de espazos verdes.

Comparte éste artículo
No hay comentarios